lunes, 23 de mayo de 2011

Not another teen movie

Meu Deuuus, que sigo tengo blog... xa nin me lembraba del...
Que tal todos? Xa nin por aquí pasaredes os poucos que pasábades, e non me extraña nada porque ademáis hoxe vou falar dunha película realmente mala.



Esta película, "Not another teen movie", en Español "Esta no es otra estupida pelicula americana", é unha americanada propiamente dita como xa se pode apreciar pola imaxe e polo nome. Outro filme deses que se ven por ver, non gustan nada pero en cambio pasas unha hora enteira sen parar de rir... Que en momentos como este con tanto PePerro solto voa falta fai.
É fácil, unha película que trata sobre un adolescente que por aposta intenta levar ao baile de fin de curso á rapaza máis "fea" da que por suposto se acaba namorando e esta transfórmase por arte de maxia nun pivón...
Destacar o papelaco que fan Chyler Leigh e Jamie Pressley, nada inesperado tampouco.
Con todo iso, película mala onde has haxa, con ese humor tan intelixente que acostuman a ter este tipo de filmes... ;)

Aquí deixo isto, mañá se me lembro actualizo de novo.
Un saúdo e boas noites a todos :)

viernes, 26 de noviembre de 2010

El Club de la Lucha


Boas noites.
Acabo de recordar que teño un blog, con o verán e todo iso pois...
Ahí vai logo, esta semana pasada vin unhas cantas películas asique teño bastante por onde elexir. Asique tendo onde elexir decántome pola mellor.




Unha película con bastante fama, aínda que nin por asomo tanta como se merece... Sincereiramente, é unha das mellores películas que vin na miña vida.
O filme comeza cun perito dunha empresa automovilística (protagonista sen nome, actor: Edward Norton)) que está bastante descontento coa súa vida en xeral e padece de insomnio, o cal o leva a buscar métodos para "desestresarse" nas súas horas libres. Así conoce a Marla (Helena Bonham Carter), quen terá moito peso ao longo da película.
Máis tarde tamén se encontra conTyler Durden (Brad Pitt), un excéntrico persoaxe que actua como coprotagonista ao longo de todo o filme.
Sen dubida outra gran película de David Fincher, quen conta cun reparto de luxo que fan deste filme unha obra de gran clase.

E aquí o deixo, sinto a mala expresión pero estou oxidado nesto da escritura (agás na matemática jajajaja), e levaba tanto tempo sen actualizar que xa perdín o pouco fío que tiña antes...


Un saúdo a todos.

domingo, 9 de mayo de 2010

Bos días.
Vinme coa obriga de actualizar despós de levantarme hoxe domingo ás 11 da mañá, algo nunca visto en min, para ver unha película que me recomendaron bastantes veces. Grazas a Alberte por deixarma.

PELICULÓN!!!!
Non se pode definir de outra forma. Sen lugar a dúbidas é a mellor película que vin deste gran director, cuxo nome se está mencillando por asuntos externos á súa profesión, Roman Polanski. E que decir de Jack Nicholson que alguén que vise El Resplandor ou Alguien voló sobre el nido del cuco non sepa, un actorazo como poucos. A historia deste filme baséase na investigación dun detective privado. Pero non me quero arriscar a facer un resumo deste filme, asique vos deixo aquí o breve feito por profesionais na páxina filmaffinity:

Los Angeles, 1937. El detective Gittes, especializado en divorcios, recibe la visita de la esposa de Mulwray, el jefe del Servicio de Aguas de la ciudad. Ella cree que él la engaña, pero además Gittes descubre que a Mulwray los agricultores le acusan de corrupción por negarse a construir un pantano que paliaría la sequía que sufren. Poco después, el escándalo salta a la prensa, pero la cosa se complica cuando una mujer se presenta en el despacho de Gittes con una sorprendente revelación.

Prefiro non engadir nada, simplemente deixoa como unha película do máis recomendábel, cun final que te deixa completamente impresionado. A min polo menos.

Ata a volta.


sábado, 8 de mayo de 2010

Boas noites.

Hoxe, aínda que con abondos examenes estes días, actualizo en plan relax. Ontes tiña a intención de ver unha película de medo cuns colegas, o dos colegas conseguino mais o da película de medo dame que non.

Km. 666, película que non había visto e nin volverei a ver. Este filme centrase nun ambiente ao máis puro estilo americano, e trata dun grupo de rapaces que se internan nun bosque no que habitan uns extraños personaxes amorfos. O filme carece dun argumento decente e tampouco se pode calificar como terrorífica, mais con todo ten algunha escea medianamente boa. Non ten nada máis. En conclusión, establezo este filme como non recomendábel.

Ata mañá.

jueves, 6 de mayo de 2010

Boas noites ás 4 da tarde.

Hoxe, por fin tras unhas semaniñas, podo descansar un pouco e veño facer unha visita por aquí. Como sen razón algunha se me parou o disco duro externo non podo ver ningunha película interesante das que tiña descargadas, asique comento a última que fun a ver ao cinema, unha pésima película que aínda é peor do que me supoñía.


Comeza a película e podemos ver xa a falta de argumento e a simpleza. Isto vaise agravando ao longo do filme, chegando ao seu culmen nun par de escenas que sinceramente carecen de sentido. Non hai moito máis que dicir... Unha película simple, sen acción e sen uns efectos especiais demasiado logrados. Admito que cando chegou o final da película alegreime, a verdade é que unha "Highway to Hell" alégralle a cara a calquera (BSO). Merece tamén a pena ver a Scarlett Johansson, pero iso xa é outro asunto...
Pois nada, agardo poder pasarme deseguido por aquí...

Aguuur!

jueves, 8 de abril de 2010

Boas noites.
Sinto non pasarme antes por aquí, pero o que pasa é que últimamente ando con bastante movemento e estou vago. Hoxe aínda teño que porme a ler "O lápis do carpinteiro" de Manuel Rivas, do cal levo a metade e non me está a gustar nada. Últimamente non vin moitas películas, polo menos boas, polo cal voume a unha que vin no cine fará un mes, da cal non agardaba nada e sorprendeume moito.

ShutterIsland é un filme dirixido por Martin Scorsese e protagonizado por un autor que eu creía xa acabado, Leonardo DiCaprio, o cal non é que fixese un papelón, pero simplemente fíxoo mellor do que eu agardaba. Un comezo do máis extraño da lugar a unha das películas máis difíciles que vin na miña vida. Ao longo da película avanza unha trama que xa rematando descubre unha historia totalmente inesperada, momento no que moitos críticos opinan que a película baixa de nivel, eu creo que é xusto ao contrario, na última media hora o filme sorprendeume pola cantidade de recursos que ten o director para cambiar a trama da obra. E non son o único que pensa así. E xa non falo da última escena, que remata cunha frase preciosa do protagonista, fundamental para entender o filme.
Recomendo ver esta película a toda a xente que lle guste ir ao cine a pensar e non a pasar o rato, e tamén pola esquisita elección das cancións ao longo da mesma, sinxelamente sensacional.

Ata a próxima amigos.

miércoles, 10 de marzo de 2010

Boas noites.

Tras uns días sen poder actualizar pola gran cantidade de examenes, pois fago hoxe algo rápido que me mañá aínda me queda o de debuxo... Pablo se les isto se benevolente ;)
Xa que levo unha semaniña na que non me deu tempo a ver ningún filme, pois vou comentar Watchmen, unha película que vin fai dúas semanas e que me parece digna de mención. Tamén quero criticar a falta de apoios que recibíu o filme de Malditos bastardos (que comentarei máis adiante) na gala dos Óscar.


Comeza a película cunha das mellores escenas que vin ultimamente no cine (quitando, claro, a Tarantino). Unha loita entre dous superheroes a cámara lenta e con música tamén lenta, unha mostra da calidade do director para presentar un drama. A película continua nesta línea, sinxelamente boísima, ao longo de algo máis de media película. O que pasou despois non o sei nin me interesa, pero a calidade da película marchou cara outro lugar. Comezan as esceas obvias e cun pésimo nivel de argumento e diálogos, facendo así que unha película que iba en camiño que convertirse nun "peliculón", acabase sendo outra máis entre o montón.
Aquí remato, sinto os fallos de expresión e o pouco traballado da entrada pero o cansazo non pode ser maior. Nestes días que veñen comezarei coa miña interminable lista de filmes pendientes, adelantos: Salvar al soldado Ryan, Apocalypse Now, Scarface (se a atopo), etc... así como de seguro comentarei a recoñecida saga Millenium, pero esta de novelas, xa que os filmes non teñen a calidade esperada.

Un saúdo. Boas noites, e hoxe si que podo dicir:

Mañá máis e mellor.