Hoxe, aínda que con abondos examenes estes días, actualizo en plan relax. Ontes tiña a intención de ver unha película de medo cuns colegas, o dos colegas conseguino mais o da película de medo dame que non.

Km. 666, película que non había visto e nin volverei a ver. Este filme centrase nun ambiente ao máis puro estilo americano, e trata dun grupo de rapaces que se internan nun bosque no que habitan uns extraños personaxes amorfos. O filme carece dun argumento decente e tampouco se pode calificar como terrorífica, mais con todo ten algunha escea medianamente boa. Non ten nada máis. En conclusión, establezo este filme como non recomendábel.
Ata mañá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario