jueves, 8 de abril de 2010

Boas noites.
Sinto non pasarme antes por aquí, pero o que pasa é que últimamente ando con bastante movemento e estou vago. Hoxe aínda teño que porme a ler "O lápis do carpinteiro" de Manuel Rivas, do cal levo a metade e non me está a gustar nada. Últimamente non vin moitas películas, polo menos boas, polo cal voume a unha que vin no cine fará un mes, da cal non agardaba nada e sorprendeume moito.

ShutterIsland é un filme dirixido por Martin Scorsese e protagonizado por un autor que eu creía xa acabado, Leonardo DiCaprio, o cal non é que fixese un papelón, pero simplemente fíxoo mellor do que eu agardaba. Un comezo do máis extraño da lugar a unha das películas máis difíciles que vin na miña vida. Ao longo da película avanza unha trama que xa rematando descubre unha historia totalmente inesperada, momento no que moitos críticos opinan que a película baixa de nivel, eu creo que é xusto ao contrario, na última media hora o filme sorprendeume pola cantidade de recursos que ten o director para cambiar a trama da obra. E non son o único que pensa así. E xa non falo da última escena, que remata cunha frase preciosa do protagonista, fundamental para entender o filme.
Recomendo ver esta película a toda a xente que lle guste ir ao cine a pensar e non a pasar o rato, e tamén pola esquisita elección das cancións ao longo da mesma, sinxelamente sensacional.

Ata a próxima amigos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario