Tras uns días sen poder actualizar pola gran cantidade de examenes, pois fago hoxe algo rápido que me mañá aínda me queda o de debuxo... Pablo se les isto se benevolente ;)
Xa que levo unha semaniña na que non me deu tempo a ver ningún filme, pois vou comentar Watchmen, unha película que vin fai dúas semanas e que me parece digna de mención. Tamén quero criticar a falta de apoios que recibíu o filme de Malditos bastardos (que comentarei máis adiante) na gala dos Óscar.

Comeza a película cunha das mellores escenas que vin ultimamente no cine (quitando, claro, a Tarantino). Unha loita entre dous superheroes a cámara lenta e con música tamén lenta, unha mostra da calidade do director para presentar un drama. A película continua nesta línea, sinxelamente boísima, ao longo de algo máis de media película. O que pasou despois non o sei nin me interesa, pero a calidade da película marchou cara outro lugar. Comezan as esceas obvias e cun pésimo nivel de argumento e diálogos, facendo así que unha película que iba en camiño que convertirse nun "peliculón", acabase sendo outra máis entre o montón.
Aquí remato, sinto os fallos de expresión e o pouco traballado da entrada pero o cansazo non pode ser maior. Nestes días que veñen comezarei coa miña interminable lista de filmes pendientes, adelantos: Salvar al soldado Ryan, Apocalypse Now, Scarface (se a atopo), etc... así como de seguro comentarei a recoñecida saga Millenium, pero esta de novelas, xa que os filmes non teñen a calidade esperada.
Un saúdo. Boas noites, e hoxe si que podo dicir:
Mañá máis e mellor.
o mellor da peli é a canción de Dylan xP
ResponderEliminare a escea esa tamén merece a pena, contén moito significado e moita crítica... gústame a unión
ResponderEliminar