Hoxe, por fin tras unhas semaniñas, podo descansar un pouco e veño facer unha visita por aquí. Como sen razón algunha se me parou o disco duro externo non podo ver ningunha película interesante das que tiña descargadas, asique comento a última que fun a ver ao cinema, unha pésima película que aínda é peor do que me supoñía.

Comeza a película e podemos ver xa a falta de argumento e a simpleza. Isto vaise agravando ao longo do filme, chegando ao seu culmen nun par de escenas que sinceramente carecen de sentido. Non hai moito máis que dicir... Unha película simple, sen acción e sen uns efectos especiais demasiado logrados. Admito que cando chegou o final da película alegreime, a verdade é que unha "Highway to Hell" alégralle a cara a calquera (BSO). Merece tamén a pena ver a Scarlett Johansson, pero iso xa é outro asunto...
Pois nada, agardo poder pasarme deseguido por aquí...
Aguuur!
No hay comentarios:
Publicar un comentario