
Boas noites.
Ontes antes de acostarme rematei (POR FIN!) de ver esta película, Blow. A película trata do ascenso dun rapaz dende o anonimato, podería dicirse incluso dende a pobreza, ata ser un dos mandamáis do mundo das drogas en América. Tras chegar á cima, e tras varios sucesos, tenta deixar o mundo das drogas, mais non o consigue de todo. Isto marca o final da súa vida.
Outro extraño filme de Johnny Deep, e aínda que non chega ao nivel psicodélico de Miedo y asco en las Vegas, a súa calidade é infinitamente superior. Destaca tamén o papel que fai a española Penélope Cruz, fundamental no filme. A película comeza coa mocidade, diría que sobre os 10 anos, do protagonista. Coa adolescencia muda cun amigo cara California, onde aprobeita as súas facultades para comezar co negocio. Logo recorre toda a súa vida ata o ano 2002, última escea da película e ano no que se roda. O poder do protagonista dentro do mundo das drogas é tal que chega a afirmar que unha persoa que esnifase cocaína nos anos 80' (en América suponse) tiña o 85% de probabilidade de habela recibido de el.
O que eu non soupen ata rematar o filme foi que está baseado en feitos reales, concretamente na vida de George Jung. Recomendo esta película, sobre todo, por ser unha gran representación da sociedade americana de finais dos 80' dentro do mundo das drogas e do diñeiro.
Con isto despidome ata mañá, ou ata que cadre... Atalogo meus.
Gonzalo Peña
Gonzalo!! vin a pelicula esta, e pareceme bah, nun me desagradou, pero como pelicula buena relacionada con este tema, recomendo ver Scarface!! un saludo
ResponderEliminarque grande Al Pacino, vou ver se a encontro e xa a descargo... grazas por pasarte ;)
ResponderEliminar