Boas noites, preséntome: Son Gonzalo Peña de Ribadeo (Lugo) e nacín o 14 de marzo de 1992. Veume hoxe pola mañá á cabeza a idea de crear un blog grazas ao meu colega Víctor, quen tamén se uníu hoxe ao mundo blogger e do que agardo algunha entrada por aquí. Agora mesmo non sei como é o nome do seu blog, non o recordo pero sei que mo dixo, pero cando iso xa lo anunciarei por aquí. Sobre que iba tratar o blog non foi un problema pola afección que teño polo cinema, a lectura, a música, etc... Procurarei facer unha crítica de todo aquilo que me chame a atención: filmes, novelas, monólogos, grupos de música... e incluso algún tema informático ou científico.
As críticas serán o máis persoais posíbeis. O único problema que me atopei foi o nome do blog, decantándome por un que me sixiríu miña amiga Laura, un nome algo fricki pero que me gustou (fricki e que me guste, que raro!!).
Agora, tras esta carallada de introducción vou comentar as miñas impresións sobre a última película que vin, no cine na noite do martes.

Invictus é unha película dirixida por un dos grandes do cine, Clint Eastwood, e con actores da calidade de Morgan Freeman ou Matt Damon; sen facer unha comparación entre os dous actores pois paréceme innecesaria. A acción sitúase en Sudáfrica arredor do ano 1995, ano en que se celebra nese país o campeonato mundial de "rugby", dato moi influínte xa que a todo o sucedido xira entorno a esta competición. Nelson Mandela, ex-presidiario e recién nomeado presidente do país africano, vese capaz de superar unha moi profunda crise dentro do seu Estado, máis dunha forma un tanto extraña: gañando o campeonato mundial de "rugby". O filme mostra ao longo de dúas horas como un deporte pode unir, ou separar, a masas de distintas costumes e ideoloxías; persoas que se odian e que chegan a coñecerse e a respetarse grazas a un deporte.
Recomendo ver esta película por ser, aparte de película histórica, un filme que che fai pensar e reflexionar sobre a persoa e o perdón. Mais non todo o que diga vai ser positivo, non, persoalmente pareceme que a última media hora (looonga) parece máis un resumo (loooongo) dun partido de "rugby" ca unha película. Negativo destacaría só iso, non é moito. O traballo de Clint Eastwood, coma case sempre, foi acertado.
Agora mesmo estou a ver unha extraño filme, Blow, dun gran actor actual: Johnny Deep.
Con isto despídome por agora pedindo xa perdón de antemao pois os examen de 2º de bacharelato arrecian e dubido que me de tempo a publicar habitualmente.
Un saúdo a todos.
Mañá máis e mellor.
boa ;)
ResponderEliminar